¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
ESTORNELA

XOGO DA BILLARDA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Nº de xogadores:
Dous ou mais.

Materiais necesarios:

  • Billarda: Pau que se coloca no chan e que é golpeado co palán. É de madeira e ten unha lonxitude máxima de 25 cm. e mínima de 18 cm. O seu diámetro máximo é de 3 cm e mínimo de 1,5 cm.

  • Palán: Pau que se agarra coa man e co que se golpea a billarda. É de madeira cunha lonxitude máxima de 60 cm. O seu diámetro máximo é de 3 cm e o mínimo de 1,5 cm.

  • Varal: Lugar ao que se chega coa billarda. Trátase de dúas varas verticais ou dous postes. Se a billarda vai entre as dúas varas á altura que sexa é un punto válido. A distancia entre varas é de 3,60 metros.

  • Zona de saque: Márcase un cadrado de 60 x 60 cm. Sitúase no extremo do terreo de xogo oposto ao varal.

 

Onde xogar: No exterior.

Mecánica do xogo:

  1. O obxectivo é superar a liña do varal coa billarda.

  2. Para isto os palanadores ou palanadoras sitúanse na zona de saque e desde alí golpean a billarda, que está no chan, nunha das súas puntas para que se eleve. Cando está no aire hai que darlle outro golpe para desprazala. A orde de lanzamento é consecutivo.

  3. En cada quenda, o xogador ou xogadora ten unha única opción válida de golpe, é dicir; sempre que toque a billarda co palán, aínda que non se eleve, considérase opción de tiro e a quenda pasaría ao seguinte. No momento en que a billarda está no aire pódese golpear tantas veces como se poida. Así mesmo, cando a billarda é golpeada despois de tocar o chan, o xogador/para deberá volver ao lugar onde tocou por primeira vez o chan.

  4. Se a billarda é golpeada e sae directamente fora do terreo de xogo, deberase recoller e situala, de novo, no mesmo lugar para dar o seguinte golpe. Se antes de saír dos límites do campo toca o terreo de xogo, a billarda deberá ser situada sobre a liña, no lugar por onde saíu, sempre que sexa polos laterais do campo. No caso de que a billarda salga pola liña de fondo, deberá recollerse e colocala no lugar do último golpe. Por último, cada vez que a billarda entre na liña do varal súmanse puntos.

 

Outros nomes para este xogo: Estornela, Zoadeira, Pinchacarneiro, A villa, Pincho, o Niche, Nichis

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Outras variantes da mesma tipoloxía

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
 

Xogantina é un proxecto de recollida, difusión e promoción dos xogos tradicionais galegos. Unha iniciativa impulsada pola Concellería de Política Lingüistica do Concello de Boiro e a Xunta de Galicia, coa colaboración dos CEIP: Abanqueiro, Escarabote, Cespón, Praia Xardín, Santa Baia e Santa Mª do Castro.


Xunta de Galicia