¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.

O BOTE

BOTIBÓ - O CACHIBOTE - SANGUE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Participantes: 3 ou máis

Materiais: Unha botella ou lata + algo co que marcar o chan (xiz, tella...)

Normas:

  1. Píntase un círculo no chan e colócase o bote no medio. Todos deben colocarse fóra do círculo.

  2. Para comezar, quen apanda ten que poñerse de espaldas ao bote mentres un compi chuta o bote o máis lonxe que poida. Entretanto, quen chuta e o resto deben correr e buscar onde agocharse.

  3. Logo, quen apanda ten que correr a buscar o bote para volver a colocalo no centro do círculo. Cando o consiga debe berrar "Bote!".

  4. A continuación pode buscar aos compañeiros, cada vez que atope a alguén deberá correr a tocar o bote e berrar o nome de quen atopou, p.ex: "Bote por María!". Os compañeiros atopados quedan eliminados e teñen que sentar preto do bote.

  5. Se, mentres quen apanda está buscando, algún dos agochados consigue chutar o bote de novo, este liberará aos eliminados que se poderán volver agochar.

  6. Se quen apanda elimina a todos os demais, gaña!

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
 

Xogantina é un proxecto de recollida, difusión e promoción dos xogos tradicionais galegos. Unha iniciativa impulsada pola Concellería de Política Lingüistica do Concello de Boiro e a Xunta de Galicia, coa colaboración dos CEIP: Abanqueiro, Escarabote, Cespón, Praia Xardín, Santa Baia e Santa Mª do Castro.


Xunta de Galicia