Participantes: 6 ou máis
Materiais: Unha pelota brandiña
Normas:
O xogo consiste en lanzar a pelota ao equipo contrario para tratar de eliminalos. Cada equipo debe ter un capitán.
- Para escoller quen empeza, o balón debe tirarse hacia arriba, ao aire, e o equipo que o colla primeiro empeza.
- Cada equipo colocaráse no seu lado do campo, os capitáns de cada equipo estarán colocados do lado do equipo contrario, pero fóra do campo, o que chamamos cemiterio.
- Se, sen tocar o chan, o balón toca algunha parte do corpo dun dos participantes, este queda brilado e terá que ir ao cemiterio.
- No caso de que un dos contrincantes colla o balón antes de que toque o chan ou despois de que rebote no chan o balón pasa a ser de seu equipo.
- Os participantes do cemiterio tamén poden brilar aos do equipo contrario.
- Quen consiga eliminar a todo o equipo contrario, gaña!