¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
XOGO DA CHURRA

XOGO DA CHURRA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Nº de xogadores:
Catro ou mais.

Materiais necesarios:
Ningún.

Onde xogar: Exterior e interior.

Mecánica do xogo:

  1. Organízanse dous equipos máis a "mamadeira", que fai as veces de árbitro. A "mamadeira" séntase (pou permanece de pé apoiado á parede) e os xogadores do equipo que "apandan" fan unha ringleira inclinados hacia diante, o capitán ca cabeza nos xeonllos da "mamadeira" e o resto ca cabeza no cú do de diante.

  2. Os membros do outro equipo teñen que ir saltando e permanecer todos subidos ás grupas do outro equipo mentres plantexan unha adiviña.

    • Adiviña: é unha especie de "pedra, papel, tesoira" pero con outros símbolos que o capitán do equipo que salta debe representar ca man: ovo (man pechada tentando representar un ovo), pico (man pechada co dedo índice estirado cara abaixo) ou araña (a man en forma de garra cara abaixo simulando as patas da araña). O capitán escolle un destes tres símbolos e representao ca man. A "mamadeira" di en alto "ovo, pico ou araña?". O capitán do equipo que "apanda" debe contestar, se acerta gaña o seu equipo, do contrario seguen "apandando". A "mamadeira" observa o xogo e vixía que non se fagan trampas.

  3. Se o capitán do equipo que "apanda" acerta ou se algún dos que saltan cae das grupas antes de plantexar a adiviña, o equpo que salta perde e pasan a " apandar", e logo salta o outro equipo.

  4. Senón cae ninguén e o equipo que "apanda" non acerta a adiviña, gañan a tanda e volven a saltar.

  5. Os xogadores que "apandan" non poden tentar tirar aos que saltan cando están subidos ás grupas.

 

Outros nomes para este xogo: Churra monta a burra, Churra.

Cancións:

  • "A unha salta a mula, a dous pégo unha coz, a tres Juan Perico e Andrés, a catro brinco e salto a cinco salto e brinco"
  • "A la una salta la mula, a las dos te doy una coz, a las tres Santo Andrés, a las cuatro pego un salto"

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Outras variantes da mesma tipoloxía

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
 

Xogantina é un proxecto de recollida, difusión e promoción dos xogos tradicionais galegos. Unha iniciativa impulsada pola Concellería de Política Lingüistica do Concello de Boiro e a Xunta de Galicia, coa colaboración dos CEIP: Abanqueiro, Escarabote, Cespón, Praia Xardín, Santa Baia e Santa Mª do Castro.


Xunta de Galicia