Participantes: Os que queiran
Materiais: Un xiz e unha pedra
Normas:
O xogo consiste en saltar as caixiñas á pata colla. Para comezar lánzase a pedra ao número un. Se a pedra cae ben, sáltanse todos os números menos no que caeu a pedra. Hai que ir de ida e de volta e á volta recoller a pedra. Se se fai ben, pódese pasar a lanzar a pedra ao número dous, e así ata rematar os números. Para xogar, temos en conta que:
Se a pedra toca os bordes ou cae fora da caixa pasamos ao seguinte xogador.
No último número pódese apoiar os dous pés.
Nas caixas dobres pódese apoiar un pé en cada unha.
Non se pode cambiar de pé mentres saltamos.
Non se pode pisar a caixa na que estea a pedra.