¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
XOGO DA NAINA

XOGO DA NAINA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


Nº de xogadores:
Tres ou mais.

Materiais necesarios:
Ningún.

Onde xogar: Exterior e interior.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

VARIANTE 1: NAINA

Mecánica do xogo:

  1. A persoa que "apanda" colócase na postura de mula.

  2. Os outros compañeiros saltan sobre a "mula" apoiando as mans na súa espalda.

  3. O primeiro xogador que salta di a palabra que os demais deben repetir ao saltar mentras fai uns xestos que tamén deben ser repetidos polos outros.

  4. Primeiro salto: "Naina", di a palabra e salta por riba da mula sen tocala.

  5. Segundo salto: "Pitín", di a palabra e salta por riba dando unha azouta ca man.

  6. Terceiro salto: "Cuada", di a palabra e golpea co pé no cu ao tempo.

 

Cancións:

  • "Naina, pitín, cuada"

 

VARIANTE 2: MULA

Mecánica do xogo:

  1. A persoa que "apanda" colócase na postura de mula.

  2. Os outros compañeiros saltan sobre a "mula" apoiando as mans na súa espalda.

  3. O primeiro xogador que salta di a frase que os demais deben repetir ao saltar mentras fai uns xestos que tamén deben ser repetidos polos outros.

  4. Primeiro salto: "Á unha salta a mula", di a frase e salta por riba da mula sen tocala.

  5. Segundo salto: "A dous pego unha coz", di a frase e salta por riba golpeando co pé no cu da mula.

  6. Terceiro salto: "Ás tres Juan Perico e Andrés", di a frase dando unha azouta ca man e golpeando co pé no cu ao tempo.

  7. Cuarto salto: "Ás cinco salto e brinco", ao saltar a mula dase un brinco para quedar o máis lonxe posible da mula, xa que esta se da un salto e chega ata onde estás cámbianse os papeis.

 

Cancións:

  • "A unha salta a mula, a dous pégo unha coz, a tres Juan Perico e Andrés, a catro brinco e salto"
  • "A la una salta la mula, a las dos te doy una coz, a las tres Santo Andrés, a las cuatro pego un salto"

 

Outros nomes para este xogo: Naina, A Mula, á unha salta a mula.

 

 

Outras variantes da mesma tipoloxía

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
 

Xogantina é un proxecto de recollida, difusión e promoción dos xogos tradicionais galegos. Unha iniciativa impulsada pola Concellería de Política Lingüistica do Concello de Boiro e a Xunta de Galicia, coa colaboración dos CEIP: Abanqueiro, Escarabote, Cespón, Praia Xardín, Santa Baia e Santa Mª do Castro.


Xunta de Galicia