Nº de xogadores: Mais de 1.
Materiais necesarios: Un lugar onde contar.
Onde xogar: Tanto no exterior como no interior.
Mecánica do xogo:
- Un grupo de participantes elixe á persoa que ha de buscar aos demais.
- Esta, ten que contar cos ollos pechados ata o número que se acorde entre todos: 10, 20, 30...
- Cando termina a conta, ha de dicir en voz alta "Tatarí" e saír a buscar aos demais.
- Cando atope a alguén ten que tocar a alguén decindo "Tatarí, merda pra ti" e seguir buscando.
- As crianzas que están escondidas se queren salvarse e gañar o xogo, teñen que correr ao lugar onde estaba a contar a persoa que buscaba e tocando o lugar dicindo "Salvado/a!".
Canción: "Tatarí", "Ta-ta-rí, merda pra ti"